EmCup reúne así aos estudantes máis destacados,
cun gran espírito empresarial e un alto nivel de compromiso de máis de 15
escolas europeas ofrecéndolles a oportunidade de mostrar a súa visión e as súas
ideas.
Os obxectivos desta competición
internacional son construír relacións, proporcionar unha experiencia práctica,
ampliar o horizonte para a educación, construír unha ponte entre os estudantes
e os empregadores e vincular aos mozos
profesionais á industria.
Lara Festa, Francisco José Vega e Lucía
Rodríguez, que están a cursar o último curso do Diploma Superior en Xestión en
empresas hostaleiras, son os tres alumnos que
representarán ao Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Esta experiencia única que supón participar
nun concurso internacional lles permitirá coñecer e intercambiar opinións con
outros alumnos. Ademais, terán a oportunidade de facer novos contactos da
industria hoteleira a nivel internacional, que lles poderán facilitar
oportunidades de futuro no mercado laboral.
Esta iniciativa de HotelloTOP, a
organización de redes para os graduados de Escolas de Dirección Hoteleira
Internacional e co-creador do Mise en Place, converteuse nunha verdadeira
institución dende a súa fundación en 2009.