O director da Agrupación Europea de
Cooperación Territorial e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o
Vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves, Carlos Penas, presentaron en
Fitur a Eurocidade Chaves-Verín coma o
primeiro destino turístico transfronteirizo da Península Ibérica.
Segundo se destacou na presentación, na que
tamén participou a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro,
Chaves-Verín, a ‘Eurocidade da Auga’, configurase como un destino biosaludable
en torno á auga mineromedicinal e termal, apostando por unha estratexia de
promoción e comercialización conxunta pioneira na Unión Europea.
Ambos concellos iniciaron xa fai algúns anos
unha política de colaboración e integración de competencias en distintos
ámbitos, co resultado da concreción dun destino único ca suma de activos de
ambos territorios. Chaves-Verín é un destino de fronteira caracterizado polos
seus contrastes etnográficos, culturais, gastronómico e paisaxísticos.
Polo tanto, configurase coma un destino de
auga onde existe a maior concentración de manantiais de augas termais e
minero-medicinais da Península, o que fai que sexa declarado destino
turístico-termal e desenvolva unha excelencia turística centrada na saúde e no
benestar.