
Tamén comercializa leite ecolóxico e organiza ecovisitas para grupos e
familias, coa idea de dar a coñecer a explotación e a súa filosofía á poboación
en xeral. A explotación está inscrita no Consello
Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
A Consellería
do Medio Rural e do Mar veu apoiando estas actividades con diferentes axudas e
subvencións. Así, Casa Grande de Xanceda beneficiouse dende o ano 2009 de
axudas xestionadas por este departamento da Xunta por un importe total de 651.783,61 euros.