O Consello da Xunta aprobou a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020. O texto é froito das negociacións e do diálogo cos axentes económicos
e sociais para incorporar as súas achegas ao documento final que hoxe se aprobou.
Segundo apuntou o presidente do Executivo galego, “buscamos facer dos mercados exteriores un motor de crecemento
da economía galega”, e engadiu que se trata dun “investimento de 50 millóns de
euros para os próximos dous anos, o que supón un incremento do 25%”, dixo.
Feijóo aseverou que a
estratexia busca incrementar o investimento estranxeiro nun 25%, que as
exportacións galegas acaden o 40% do PIB en 2020, incrementar nun 25% o volume
de exportacións galegas, superando os 23.000 millóns de euros ao remate do plan,
e incrementar tamén nun 25% o número de empresas exportadoras, ata chegar ás
8.000 en 2020.