A Coruña, con fogueiras internacionais

O Concello da Coruña comezou o trámite de solicitude da declarción de Festa de Interese Turístico Intenacional das  Fogueiras de San Xoán. Deste xeito, coa entraga do expediente,  o Goberno local da Coruña levará ao próximo pleno de marzo a petición na que insta á Xunta de Galicia a realizar as xestións necesarias ante a Secretaría de Estado de Turismo para obter a dita declaración para a festa coruñesa máis multitudinaria.

O orixe, a antigüidade, o arraigamento da festa, a súa orixinalidade e a súa promoción no exterior son algúns dos requisitos esixidos para obter esta concesión e que deben ser argumentados e demostrados no expediente. Así mesmo, a festa candidata debe contar coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional dende os cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude.

De conseguir a súa declaración, as Fogueiras de San Xoán da Coruña, uniríanse a outras sete festas galegas que contan coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional: a Festividade do Apóstolo Santiago, o Festival de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo na Estrada, a Romaría Viquinga de Catoira e as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol.

As Fogueiras de San Xoán constitúen unha das festas mais máxicas de Galicia e se hai un lugar no que a noite de San Xoán se vive de xeito entusiasta, sen dubida, ese é A Coruña, onde a noite máis curta do ano vai precedida de toda unha semana de actos e preparativos.

Desde a mañá anúnciase a festa con desfile de bandas e carrozas de meigas para que a queima da fogueira volva ser un momento máxico e inigualable no calendario anual. O olor das sardiñas asadas e do lume invade a cidade na noite do 23 de xuño debido as fogueiras que se alzan en numerosos puntos da cidade.