A revista The Wine Advocate, do influinte crítico americano
Robert Parker, publicou recentemente un artigo sobre Galicia e as súas
Denominacións de Orixe de viños. No caso da D.O. Ribeiro, dos 47 viños
valorados, un total de 27 referencias (20 viños brancos, 6 tintos e 1 tostado)
obtiveron 90 ou máis puntos, que están definidos como “viños espectaculares, de
excepcional complexidade e carácter”. O resto de viños catados, 20 marcas (12
viños brancos e 8 tintos), catalogáronse entre 86 e 89 puntos, que se describen
como “moi bos viños, con diversos grados de finura e carácter”.
En canto á valoración xeral da colleita 2013, Luis Gutiérrez,
responsable de cata para España, sinala no seu artigo que “como me dixeron, foi
unha vendima problemática, sen embargo os viños está na evolucionar bastante
ben e teñen carácter atlántico moi boa acidez e frescura”. Así mesmo indica que
"son viños serios, menos concentrados e amosan maior transparencia en
cuanto ao terroir, así como o carácter mineral que a rexión é capaz de
ofrecer.”