O Camiño Inglés acada o maior incremento de penoitas

A rede pública de albergues do Camiño Inglés, xestionada por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, experimentou no pasado ano 2014 un espectacular incremento no seu número de pernoitas. En total rexistráronse nos albergues do Camiño Inglés 10.530 pernoitas no pasado ano, o que supuxo un incremento de máis do 61% en comparación coas rexistradas no ano 2013.

Despois do Camiño Inglés, as rutas que experimentaron un maior crecemento no que a número de pernoitas se refire foron o Camiño Norte –cun incremento do 5,68%- e o Camiño Portugués – cun incremento do 1,94%-.

Neste último ano 2014 implementáronse 30 novas prazas no Camiño Inglés grazas á apertura dun novo albergue en Sergude-Carral. Deste xeito, a rede pública de albergues da Xunta abarca no Camiño Inglés 5 aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 139 prazas.

En canto ao número de peregrinos, durante 2014 recolleron a Compostela 7.194 peregrinos procedentes do Camiño Inglés, un 62,35% máis que no ano 2013.