Foto de Xulio Villarino |
Mañá, venres 16 de xaneiro, Turismo de Galicia inaugurará na cidade
alemana de Erfrut a mostra fotográfica ‘Miradas no Camiño de Santiago’, unha
exposición itinerante que mostra a visión particular de destacados fotógrafos
sobre o Camiño de Santiago.
A exposición forma parte da actividade “A viaxe é o destino - O Camiño
de Santiago e a Vía Regia: Dous Itinerarios Culturais do Consello de Europa”
organizada na dita cidade por Turismo de Galicia, a través da Sociedade Anónima
de Xestión do Plan Xacobeo, coa colaboración da Embaixada de España en Alemaña.
A mostra, que poderá verse na sala municipal de exposicións
‘HausDacheroeden’, inclúe fotografías dos acreditados fotógrafos Delmi Álvarez,
Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino, Tino Viz,
Cristina de Middle, Hana Jakrlova, Rita Newman, Chris Erlbeck, Tine
Harden, Katja Lösönen, Eva Persson e Signe Raikstina.
A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana dos
peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo das estradas que levan a
Santiago son rexistradas polas cámaras destes 14 fotógrafos.