As 200 toneladas de sardiña que reserva o plan
de xestión desta especie para o xeito superan á media do que pescaron os buques
con esta arte nos últimos 10 anos. Neste período, de 2004 a 2014, a media das
vendas anuais de sardiña dos buques despachados a xeito é de preto de 179 toneladas,
unha cifra inferior á cota asignada para o ano vixente e que ascende ás 200
toneladas.
Esta asignación realízase nun contexto no que
a situación da especie da sardiña é límite e é posible debido ao esforzo dos
gobernos central e autonómico, que mantiveron contactos para conseguir que, a
pesar da escaseza da especie, ningún sector quedara sen posibilidades de pesca
da sardiña.
Neste caso, as 200 toneladas asígnanse a un
sector no que dos 427 barcos autorizados para o uso da arte do xeito no seu
permex no 2014, só 164 tiveron polo menos o 20% dos seus ingresos ligados á
venda de sardiña. É dicir, menos de 4 de cada 10 barcos autorizados para o uso
da arte do xeito cumpriron este criterio. Nos últimos cinco anos (2010-2014) a
media de barcos que cumpren este criterio de dependencia en polo menos tres dos
cinco anos considerados é de 106.