O Instituto Galego de Formación en
Acuicultura, IGAFA, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, convoca un
curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo. Este
curso ten 12 prazas e os interesados en matricularse poden facelo dende hoxe e
ata o 6 de febreiro.
Esta acción formativa impartirase no IGAFA, na
Illa de Arousa, do 23 ao 27 de marzo e do 7 ao 17 de abril en horario de 09:30
a 15:00 horas. A finalidade do curso é que os alumnos/as matriculados poidan
acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo
para extraer recursos específicos, como algas, ourizos, peneiras, longueirón,
etc.
Antes da realización do curso os aspirantes
seleccionados deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado de
persoas seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 5 de marzo
no taboleiro de anuncios de IGAFA e na web da Consellería do Medio Rural e do
Mar. A data de realización das probas físicas será o 9 de marzo ás 10:00 horas.
Unha vez superadas estas probas deberán realizar o test de compresión e
tolerancia ao osíxeno hiperbárico. Este terá lugar o 19 de marzo ás 10:00 horas
e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente
excluídas.