Turismo de Galicia fai unha achega de 200.000 euros a Turexpo

Turismo de Galicia vai asinar un convenio coa Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2015, o IV Salón Turístico de Galicia, en virtude do cal fará unha achega de 200.000 euros en orde á promoción nacional e internacional da oferta turística galega e o maior desenvolvemento e coñecemento da realidade e potencialidade da nosa Comunidade como receptores dun turismo de calidade que se lle recoñecen por parte da Administración ao dito Salón.

O obxecto do convenio, que entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 30 de xuño de 2015, é regular as bases de colaboración entre Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e celebración da dita feira profesional.