Soles Repsol en pleno inverno

Solla (dcha.) con los otros triestrellados
A Guía Repsol 2015 concedeu ao restaurante Casa Solla, en Poio (Pontevedra), o seu terceiro Sol Repsol. A edición 2015 da guía de Ansón outorgou dous Soles Repsol a nove restaurantes galegos Culler de Pau, D'Berto, Galileo e Pepe Vieira. Únense a este grupo como novidade Acio, Alborada, Maruja Limón, Retiro da Costiña e Yayo Daporta.

Así mesmo, outros 16 restaurantes foron recoñecidos polo equipo de expertos deste manual con un Sol Repsol. Estes restaurantes son, unha edición máis, A Taberna, As Garzas, Casa Bóveda, Casa Marcelo, Dos Reis,  El Refugio, España, La Taberna de Rotilio, Nito, Pablo Gallego, Pulpeira de Melide, Silabario, e Toñi Vicente. Como novidade, obteñen o seu primeiro Sol Repsol A Estación, A Gabeira e Ábore da Veira.

Galicia suma, deste xeito, un total de 37 Soles Repsol, 8 máis que o pasado ano, que distinguen a 26 restaurantes galegos, dous máis que na edición 2014.Os Soles Repsol son outorgados pola Asociación de Amigos da Real Academia de Gastronomía e a Cofradía de la Buena Mesa.