![]() |
Nava Castro e Diego Calvo |
Os máximos responables de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboració para a posta en valor dos
recursos turísticos da provincia da Coruña. En virtude desta acordo, Turismo de Galicia colaborará coa promoción, dinamización e fomento do turismo nas
seguintes liñas: accións de mellora no Camiño Inglés de Santiago, accións de
recuperación, promoción e sinaléctica da Ruta do Medievo e accións de mellora
na promoción do turismo industrial destinado a PEMES da provincia.
Entre as accións de mellora no Camiño Inglés
de Santiago que aborda dito convenio encóntranse o emprego das novas
tecnoloxías da información co obxecto de facilitar aos peregrinos e turistas os
servizos tecnolóxicos mais avanzados, accións para a recuperación de espazos
naturais degradados ao longo do Camiño co obxecto de reducir o impacto dos
residuos xerados polo sector turístico, accións de sensibilización social para a
promoción dun Camiño Sostible e accións encamiñadas a mellora da accesibilidade
do Camiño nas propias etapas e nos distintos albergues a través dun programa
para a eliminación de barreiras arquitectónicas.
Así mesmo, a través deste acordo
realizaranse actuacións de mellora das visitas de turismo industrial existentes
na provincia, de adecuación do percorrido nas propias instalacións da visita,
sinalectica e panelización, promoción e difusión.
O patrimonio
industrial de Galicia constitúe unha innovadora oferta turística que outorga a
posibilidade de coñecer diferentes sectores produtivos arraigados á nosa
comunidade a través da visita ás empresas e instalacións industriais. “Estamos
a traballar na potenciación deses recursos e infraestruturas relacionadas co
turismo industrial co fin de poñelos en valor e que tanto turistas como
visitantes, ademais de coñecer a nosa paisaxe e cultura, tamén poiden descubrir
o noso sistema produtivo”, afirmou Nava Castro.