![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixeq4osqEoQdIzV1hfX6bhn4gEqOeM_u48rqmcuEik4PtJHALFRTF7cRb63d-GcO17yAEsEpU-SVzMzC_F0OCL7Ngfkvugp0pQ_5yfcDr922lUm-2oBGiU1BO2WIosgiPtVO3VLp5SMwSA/s1600/141212+quintana+02a.jpg)
A escenografía que imita unha rúa comercial
de estética afín á arquitectura tradicional galega axunta innovación co
carácter propio da nosa terra convertendo a o dito mercado nun elemento de
diferenciación relacionado co lecer, a cultura, a gastronomía e o comercio.
“Unha oportunidade única para que turistas
e comerciantes se poñan en contacto e se revalorice deste modo a artesanía de
Galicia como elemento tradicional e cultural e se outorgue un valor engadido á
experiencia do viaxeiro”, explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no acto inaugural que compartiu co alcalde de Santiago Agustín Hernández.
Son moitas as cidades que cada ano ven
aumentar o seu número de visitantes durante estas datas grazas aos mercados do
Nadal que convértense nunha das motivacións principais a hora de escoller
destino durante esta festividade. Neste senso, Nava Castro afirmou que o
Mercado da Quintana supón un forte reclamo turístico e unha opción moi
demandada por peregrinos e turistas.