
A misión,
que é froito dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a
Secretaría de Turismo de México, contou coa participación de representantes da Secretaría
de Turismo de México, da Secretaría de Hacienda y Crédito Público (SHCP), do
Fondo Nacional de Fomento ao Turismo (FONATUR), do Consello de Promoción
Turística de México (CPTM), do Consello
Nacional para a Cultura e as Artes (CONACULTA), e do Instituto Nacional do
Emprendedor (INADEM).
Durante a
súa estancia na Comunidade galega, a delegación levou a cabo unha nutrida
axenda con diversos encontros coa directora de Turismo de Galicia, visitas a
diferentes tramos do Camiño de Santiago así como a albergues da Rede Pública do
Xacobeo e unha visita ao prestixioso Centro Superior de Hostalería de Galicia,
entre outras accións.