A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da
Deputación, José Manuel Baltar, constituíron hoxe o Consello Termal Ourensán co
obxectivo de impulsar a promoción turística de Galicia potenciando o termalismo
en Ourense co obxecto de que o seu posicionamento
contribúa a un desenvolvemento territorial equilibrado e á creación de emprego
de calidade”.
Na súa intervención, Nava Castro lembrou tamén que a cidade de Ourense é
a segunda potencial termal europea, só por detrás da capital húngara, Budapest,
e que en Galicia están catalogadas máis de 300 captacións de auga
mineiro-medicinal, “unha por cada 10.000 habitantes”, manifestou, polo que “a
auga termal constitúe hoxe un recurso estratéxico para o desenvolvemento
turístico e económico da comunidade galega”.
A directora de Turismo de Galicia remarcou a importancia do termalismo
en Galicia, lembrando que destas máis de 300 captacións hidrolóxicas, máis
dunha vintena teñen a cualificación de balneario, polo que a comunidade galega
“ocupa a primeira posición en canto ao número de establecementos balnearios a
nivel nacional”.