As Pousadas do Salnés comezarán a funcionar en Semana Santa

As Pousadas de O Salnés, adxudicadas para a súaa xestión ao grupo Hotusa, estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de que comece Semana Santa. Así o puxo de manifesto o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno desta mañá, do mobiliario para estes establecementos.

A unión temporal de empresas integrada por Suministros Técnicos de Galicia (SUTEGA) e Novavila Rías Baixas S.A. foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.411.939,10 euros e un prazo de subministración do equipamento é de 70 días.


Así mesmo, Louzán lembrou que na actualidade 42 mozos e mozas están formándose en hoteis de Alemaña e España no marco dos ciclos de FP Dual postos en marcha pola Administración provincial, a Consellería de Educación e a empresa, de forma que tamén se disporía de persoal perfectamente formado para traballar nestes centros.