
Esta ruta única levará a 200 mozos de
España, Portugal e toda América a percorrer durante o verán de 2015 España e
Colombia, a través dunha experiencia formativa na que os participantes, ademais
de ampliar os seus coñecementos, desenvolverán un espírito de cooperación
internacional.
A directora de Turismo de Galicia sinalou
durante a presentación que a nosa comunidade terá a honra de acoller a estes
expedicionarios para que poidan coñecer as tradicións e a cultura do Camiño de
Santiago e o fenómeno das peregrinacións e visitar tamén a capital compostelá.
“A Ruta BBVA é unha viaxe que combina a educación en valores, o intercambio
cultural e a aventura, aspectos que todos eles se integran á perfección na ruta
xacobea”, explicou.