A oferta náutica galega será visible no Salón Nautico de París

Portos de Galicia e Turismo de Galicia participarán de xeito conxunto este ano no Salón Nautico de París como impulso ao turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas de Galicia. O salón, que se celebra na capital francesa entre os días 6 e 14 do vindeiro mes de decembro, reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo, sendo un dos eventos de referencia na náutica do Atlántico Europeo, con visitantes de índole internacional, nomeadamente do norte de Europa, Francia e o Mediterráneo.

Turismo de Galicia instalará un stand de 48 metros cadrados a través do que se difundirá a oferta náutica galega neste certame que se celebra desde hai máis de 50 anos, e no que a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia participa desde hai 15.


O Salón Náutico de París conta con 7.075 profesionais; 1.300 periodistas acreditados; 785 expositores que representan a 1.300 marcas repartidas en 125.000 metros cuadrados; 1.200 buques con máis de 200 novedades; máis de 350 lanchas e veleiros; 300 embarcacións deportivas diferenciadas (piragüismo, windsurf...), entre outros. Esta feira constitúe un acontecemento de primeira orde internacional no mundo da industria e actividade náutica, está totalmente conectada co mercado internacional náutico e proxecta luz sobre as tendencias da industria náutica de produción para a exportación e importación.