Apostar pola diferenciación dos produtos gourmet e pola
innovación no eido da alimentación e da hostalaría son dous dos principais
obxectivos de Xantar 2015, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que
celebrará a súa 16ª edición en Expourense entre o 4 e 8 de marzo vindeiros.
Logo dunha traxectoria crecente durante os últimos 15 anos, esta cita, que
conta coa categoría de internacional outorgada polo Ministerio de Economía e
Competitividade, organizará novas actividades dirixidas á posta en valor dos
produtos con Denominación de Orixe de Galicia, a través da creación do “1º
Concurso Xantar Gourmet”, e dos produtos novidosos resultado de aplicar á
investigación á gastronomía, abrindo un Área de Innovación que presentará as
novidades presentadas no mercado no sector produtivo agroalimentario de Galicia
e doutros destinos participantes. Esta área disporá cunha ficha por cada
produto no que se especificará a súa diferenciación, trazabilidade e puntos de
distribución.
Xantar é un salón de carácter singular e de prestixio
vencellado a unha das principais motivacións polas que se visita Galicia: a
Enogastronomía. Por este motivo, entre as acción destacadas da vindeira edición
destacan tamén a promoción das Rutas Enogastronómicas de Galicia. Tamén serán
destacados os restaurantes con Estrelas Michelín ou Soles Repsol, as
Denominacións de Orixe con espeicla atención ás rutas do viño, e, por suposto,
as máis de 300 festas gastronómicas da comunidade que supuxeron a orixe de
Xantar.