Workshop do Club de Antigos Alumnos do CSHG

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) celebrou o VII Workshop do Club de Antigos Alumnos no que participaron preto dun centenar directivos hostaleiros formados neste centro e dezaseis cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico. En total os responsables de recursos humanos das diferentes empresas participantes realizaron un total de 400 entrevistas.

O CSHG e o Club de Antigos Alumnos celebran cada ano o dito workshop co obxectivo de que os profesionais formados no Centro consigan novas oportunidades no mercado laboral e, ademais, colaborar na mellora do sector turístico coa achega do persoal cualificado. 

Nesta edición participaron por ver primeira Kempinski, Fontecruz Hoteles, Blue Diamond Hotels and Resorts and Memories Varadero Beach Resort , Riu e Six Rent a Car. Así mesmo, un ano máis repetiron a súa presenza Iberostar, NH Hotel Group con todas as súas novas marcas (NH Hotels, NH Collection, Nhow e Hesperia Resorts), W Barcelona, AC by Marriott, Barcelona Crew, Palladium Hotel Group, H10 Hotels, Vincci Hoteles, Ritz Carlton- Arts Barcelona, Meliá  e HG Hoteles.

Todos os grupos e cadeas hoteleiras así como as empresas turísticas participaron no Workshop con ofertas reais de emprego tanto a nivel nacional como internacional. Blue Diamond Hotels con 31 vacantes, H10 puxo a disposición todas os postos de traballo do seu novo hotel en Lisboa -agás a de director-, MHI buscou directivos para aperturas internacionais, Riu e Iberostar subdirectores e cociñeiros, Ritz Carlton necesita persoal de sala para o seu Restaurante Arola, Barcelona Crew ofreceu sete vacantes para cociñeiros e recepcionistas, HG e AC Hotels by Marriott buscou directivos para Baqueira (Andorra) e Menorca, e Palladium necesita persoal para varias aperturas en Ibiza e buscou director para un hotel en México.