Turismo de Galicia véndese en Chile

Turismo de Galicia  presentou o destino turístico Galicia aos principais operadores chilenos, dentro do programa das xornadas de promoción directa organizadas por este departamento da Xunta de Galicia en colaboración con Turespaña para apoiar a comercialización turística da comunidade galega nos  mercados emerxentes de América do Sur.

Deste xeito desenvolveuse no Club de Golf 50 de Santiago de Chile unha xuntanza de traballo cos operadores turísticos do país andino como continuación da celebrada o pasado día 12 de novembro na Embaixada de España en Montevideo cos axentes de viaxes máis salientables de Uruguai .Á cita acudiron 56 representantes das 23 operadoras turísticas máis importantes de Chile.

Os operadores turísticos chilenos que participaron nesta presentación de Turismo de Galicia foron Select Tours, Turismo Cocha, Turismo Universal, Alondra Viajes, Vacations Chile, Panamericana Turismo, Turismo Echegoyen, Sernatur, Casablanca Tours, Amerindo, ADS Mundo, Turavión, Deltour, Happy Tour Service, Travel Security, Uinundo, Carlson Wagonlit Travel, Andina del Sud, Falabella, Travel Club, Intertour, Blanco e Job Travel.