Turismo de Galicia participou esta tarde na
primeira xornada do evento ‘Ecom Travelblog 14’, que entre hoxe e mañá reunirá
na cidade de A Coruña a representantes das empresas relacionadas co turismo e
as viaxes máis senlleiras do momento para debater sobre comunicación turística.
Esta tarde, un representante da Dirección
de Promoción de Turismo de Galicia presentou a experiencia do departamento da
Xunta encargado de promover o turismo galego no eido da comunicación dentro da
mesa redonda ‘A dificultade de crear unha marca turística’, na que tamén
participaron un representante do grupo de empresas Nexo e dous expertos na
comercialización de negocios turísticos.
Neste foro de viaxes e comunicación,
Turismo de Galicia fixo un repaso polas principais campañas de promoción
turística de Galicia e o xeito de presentar e difundir os valores turísticos da
comunidade galega, facendo referencia aos atributos que constitúen a marca
turística Galicia.
Na mesa redonda explicouse tamén á
estrutura de Turismo de Galicia e o cometido de cada departamento na ordenación
e promoción turística de Galicia e do Camiño de Santiago.