
Dende o 14 ao 30 de novembro os clientes poderán decidir que
tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos
establecementos participantes e aspirar a distintos premios selando o seu
tapasporte, a pequena e carismática "biblia" do concurso. Os petiscos
terán un prezo común de 2 euros.
Ademais, a través da interacción nas redes sociais
twitter@santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas, os internautas poderán
entrar en promocións especiais, como seren parte do xurado.