
Esta é unha publicación especializada dirixida a todo tipo
de público, de fácil entendemento e que rapidamente dá unha visión xeneralizada
dos viños por Denominación de Orixe, prezo e anada. Nela non se observa unha
difícil linguaxe con tecnicismos xa que o seu obxectivo principal é que o
público se anime a tomar viño e goce con elo.
Entre os viños seleccionados cabe mencionar Adega do Moucho ,
Finca Teira, Casal de Armán, Armán Finca Misenhora , Gomariz X, Máxima de
Casanova , Finca Viñoa, Sanclodio, Terra do Castelo Selección, Viña Mein, Viña
Mein Barrica, Colección 68 de Costeira Treixadura , 3 Ura y Versatus.