O Pica no Chao de Vila Verde chamas as nosas portas

Pica no Chao, manxar de deuses
O Fin de Semana Gastronómico 'Vila Verde, Capital do Pica no Chão', que terá lugar do 28 ao 30 de novembro, foi presentado esta mañán polo presidente do município, António Vilela e pola vereadora de cultura, Júlia Fernandes. Ambos salientaron a importancia deste evento gastronómico con incidencia na promoción da localidade e na dinamización da economía local.


Pudim Abade de Priiscos
Encadrado no roteiro dos Fins de Semana Gastronómicos 2014/2015 da Entidade Turismo Porto e Norte ER, esta actividade gastronómica ofrece unha lista de restaurantes e unidades de aloxamento que ofertan un conxunto de actividades lúdicas e culturais coa fnalidade de alongar a estadía dos visitantes en Vila Verde.

Camiñatas ambientais pola frondosidade de Valdreu e Aboim da Nóbrega, a IV mostra Doces-Sabores da Nossa Terra, feitos con produtos locais, unha exposición de fotografia encadrada na Semana da Floresta Autótone ou Cantares ao Desafio - Fundamentos son algunhas das propostas para unha escapada a Vila Verde o vindeiro fin de semana.