Tapa do Paprica |
Por outra banda, o xurado técnico concedeulle o premio de
mellor tapa tradicional a El Riba, que concursou cunha Hamburguesa deconstruída de cogomelos e pementos con ovo ao alioli;
ao Paprica outorgoulle o de mellor tapa creativa, mentres que Casa D’Auga conseguiu o de mellor maridaxe con
viño da DO Ribeira Sacra grazas ao seu Tartar
de carne recheo de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas.
Ademais, Casa D’Auga recibiu a placa que o acredita como
autor da mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas, e Canela Bakery
Coffee a de mellor tapa ecolóxica, consistente nun aperitivo de Xeado de iogur ecolóxico, tofe e Peta Zetas
de chocolate.
O certame estivo organizado novamente pola Asociación
Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl), co patrocinio do
Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de
Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia,
a queixería Marqués de Cernadas, Viajes Mundo Galaico e Cash-Ifa. Este ano participan un total de 50 negocios de hostalería do
municipio, con tapas cuxo prezo oscilou entre 1 e 3 euros.