Os vendedores da Praza de
Abastos de Vilagarcía abordan na segunda sesión do mentoring organizado pola
Concellería de Mercados dous importantes aspectos para afondar na modernización
e mellora da imaxe da súa actividade comercial. Os dazaseis praceiros que
participan na iniciativa de formación traballaran as estratexias de colocación
de producto, o uso do merchandising e a compra por impulso.
A segunda xornada do mentoring "Comer cos Ollos" impartirase mañá pola
tarde (de 17 a 20 horas) na sede do coworking Dalleqdalle, na rúa Méndez Núñez.
A actividade seguirá a esquema da sesións celebrara a pasada semana na que os
mentores, Diego Parajó e Chío infante, encargáronse de explicar aos praceiros
algúns dos proxectos de modernización de mercados públicos levados a cabo en
Galicia, como o de Santiago de Compostela, non que ás obras de mellora de imaxe,
adecuación de instalacións e adaptación ás novas normativas sanitarias e para
locais de venta de produtos alimenticios, foron acompañadas por cambios a nivel
de prestación do servizo coa aplicación de estratexias de venta máis acordes
cons tempos actuais.
Xogar con estas dúas variables é o que está a promover o Concello mediante as
obras de reforma e mellora dos postos exteriores da Praza de Vilagarcía para
ofrecer una imaxe máis atractiva e uniforme, xunto con esta actividade
formativa que foi moi ben acollida polos concesionarios do mercado público, tal
como quedou patente na xornada da semana pasada na que participaron
representantes de todos os sectores da praza (venta de peixe fresco, verdura,
carnicerías e conxelados). O interese dos concesionarios manifestouse na súa
participación da dinámica grupal na que expuxeron as dúas ideas sobre como
actualizar o modelo de negocio tradicional.