Matrimonio da D.O. Ribeiro co Instituto Galego do Viño

Xoán Torres Cannas e Jorge Vila, director e xerente do Instituto Galego do Viño en Santiago, se desprazarán a Ribadavia para firmar un convenio de colaboración ca D.O. Ribeiro. Será mañán martes 4 de novembro, as 18 horas.

A alianza D.O. Ribeiro - Instituto Galego do Viño é unha aposta estratéxica para ambas entidades, que están convencidas da apertura de novos espazos de colaboración adicionais aos recollidos no acordo, e igualmente frutíferos para as partes.

A primeira sesión do Curso Superior de Sumiller dedicada ao Ribeiro está prevista para o próximo luns 10 de novembro pola tarde e a impartirá o enólgo de Coto de Gomariz Xosé Lois Sebio, na sede do instituto, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.