Convenio para impulsar a Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica

Turismo de Galicia e mais a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración, enmarcado no Plan de Turismo Termal, para o desenvolvemento da Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica.

Segundo anunciouse no acto de sinatura, a Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica traballará na implantación dunha historia clínica común informatizada en todos os balnearios galegos co que  se acadará unha maior profesionalidade. Así mesmo, traballará na unificación dos Protocolos Terapéuticos empregados para adaptalos aos aplicados noutros países de Europa e promoverá a investigación neste campo e favorecerá á difusión e o coñecemento da mesma mediante publicacións e outras accións de comunicación.

A través deste acordo, Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago levarán a cabo, cursos, seminarios, conferencias e outras actividades académicas que redundan na difusión, o coñecemento e a práctica da Hidroloxía Médica permitindo aos alumnos obter uns coñecementos básicos sobre as características das augas mineiro medicinais e as súas aplicacións terapéuticas.

Ademais promoverase a organización de actividades académicas que contribúan a facilitar a reflexión e o debate médico entre profesores e médicos de balnearios, co fin de acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa formación  médica e universitaria.