As mellores tapas e cócteles volven a Pontevedra

Tapas de una edición anterior
O certame gastronómico PontedeTapas, que impulsa a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo volverá a ocupar a axenda pontevedresa entre o día 28 deste mes de novembro e o 8 de decembro. A cita, xa tradicional na programación turística local, chega este ano consolidando a aposta pola gala final e o fallo dun xurado profesional.

Carlota Román, a concelleira responsable desta iniciativa, adianta que os prezos serán os mesmos: 1,50 euros para as tapas e 2,50 euros para os cócteles. Os hosteleiros competirán nas modalidades de tapa tradicional (elaboradas con produtos da terra) e creativa (centrada nas novas tendencias, pero sempre a partir de produtos autóctonos).

Os gañadores nas dúas modalidades serán elixidos por un xurado profesional. Ademais, haberá un único premio a partir das votacións dos clientes para a mellor tapa e o mellor cóctel.

Mantense tamén a aposta pola promoción do PontedeTapas a través dos medios de comunicación, a blogosfera e as Redes Sociais. Así pasarán por Pontevedra case unha vintena de referentes da comunicación gastronómica na Internet, xunto con caras coñecidas da TVG e do mundo da cultura.

A gala celebrarase o día 15 de decembro e alí elaboraranse as tapas e cócteles finalistas en directo. O xurado profesional probará cada unha das propostas e decidirá os tres vencedores en cada modalidade. Un xurado que estará presidido por Javier Olleros (Culler de Pau e estrela Michelín) e integrado tamén por Inés (responsable de Maruja Limón e participante no programa de televisión Top Chef), Diego Mosquera (vicepresidente de Agaba e mestre cocteleiro), Iván Domínguez (chef do grupo Alborada e estrela Michelín) e,finalmente, Rubén Riós (actor e director).


obrigada durante esta ponte da Inmaculada e a Constitución. O estómago o agradecerá.