A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda de 70.000
euros á Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas para levar a cabo o plan de actuacións
desta entidade. A Ruta é unha proposta turística que invita a descubrir o
patrimonio do viño da DO Rías Baixas. Ofrece múltiples actividades e servicios
turísticos. O seu obxectivo é ofrecer unha experiencia completa e de calidade
aos visitantes e fomentar o desenvolvemento do territorio.
O ámbeto de influenza da asociación abarca 4 das 5 subzonas
da DO: as comarcas do Salnés, O Rosal, Ribeira do Ulla e Condado do Tea. Non
ofrecen un itinerario ríxido ou preestablecido senón que é o propio visitante
quén o define dacordo ao seu gusto.
No Salnés, a ruta inclúe os concellos de Caldas, Cambados, O
Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Na
comarca de O Rosal, os concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño. No Condado do
Tea abarca Salvaterra, As Neves e Arbo, e na Ribeira do Ulla inclúe o Concello
coruñés de Vedra.
A Asociación está integrada por 106 entidades públicas e privadas, ainda que hai
varias solicitudes de adhesión en trámite e os visitantes da Ruta poden
disfrutar de 55 entidades enolóxicas (bodegas, enotecas e destilerías); 23
empresas turísticas: hoteis e restaurantes; 1 axencia de viaxes; 1 guía
especializado; 6 museos; e 19 entes públicos (entre eles, concellos, o propio
Consello Regulador e a sede de Turismo Rias Baixas).