A Casa da Cultura de Verín acolleu, esta mañá, a
presentación das 'XII Xornadas da Centola' realizada polos alcaldes de Verín e
O Grove, Juan Manuel Jiménez e Miguel Ángel Pérez, e o presidente do Consello
Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez.
Con esta presentación, o destino Chaves-Verín súmase a
promoción deste produto típico da gastronomía galega nun municipio do interior,
que ademais nesta ocasión acompañáse dos viños da Denominación de Orixe
Monterrei para a súa maridaxe conxunta. “A enograstronomía é un produto
turístico desestacionalizador, singular e cun alto compoñente cultural”,
indicou a alcalde verinense, “por iso en Verín, coñecedores de que a
gastronomía é a segunda motivación que fai que os turistas elixan a nosa
comunidade, apostamos en colaboración coa Xunta de Galicia por ofertar produtos
enogastronómicos de calidade como a Ruta do Viño Monterrei, Outono
Gastronómico, Paseando entre Viñedos ou os paquetes turístiocs como De Cata por
Monterrei”. Unha cuestión que tamén subliñou o presidente do Consello Regulador
da D.O. Monterrei, “estas actividades gastronómicas dan a coñecer os nosos
viños ao longo de toda Galicia, como desde hai catro anos na Feira do Cocido de
Lalín donde o tinto de Monterrei é o viño oficial”.
A 'XII Xornadas da Centola', que terán lugar no municipio de
O Grove, levaranse a cabo en 22 restaurantes, tres hoteis e outros
establecementos como o casino La Toja e a Confraría de Pescadores de San
Martiño da localidade pontevedresa que vivirá a súa actividade culinaria e
creativa a través da centola durante a ponte de decembro. Nesta festa
gastronómica, que rende culto á centola, poderanse gozar diferentes pratos
elaborados a base deste produto que se servirán nos establecementos adheridos a
estas xornadas promocionais, aos que se unirán hoteis e outros establecementos
que ofrecerán aloxamento a prezos reducidos. Ademais, durante as xornadas terán
lugar degustación de pinchos elaborados con centola noutros 10 establecemento
baixo o que denominan 'Picacentola'. Non obstante, un dos momentos máis
esperados será a celebración do "Concurso de Centola Viva" o 25 de
novembro a partir das 17 horas na lonxa de contratación de O Grove.