Turismo de Galicia vende gastronomía en Brasilia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou na capital de Brasil, Brasilia, a oferta gastronómica da comunidade galega no Centro de Aperfeiçoamento em Gastronomia do Senac. Neste acto, organizado polo Instituto Cervantes, Nava Castro estivo acompañada polo chef galego Pepe Solla, que realizou un showcooking para a audiencia, conformada por especialistas brasileiros en gastronomía.

Ademais, na súa estadía en Brasilia, a directora de Turismo de Galicia tivo a oportunidade de reunirse hoxe co secretario de Asuntos Internacionais do Goberno do Distrito de Brasilia, Odilón Frazao, co que departiu sobre a oferta turística de Galicia e os recursos turísticos que poden ser máis atractivos da Comunidade galega para a poboación brasileira.