O Santiago(é)Tapas ponse en marcha

O Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da capital de Galicia, celebrará a súa sétima edición entre o venres 14 e o domingo 30 de novembro de 2014; e os hostaleiros de Compostela xa poden apuntarse a esta cita.

Cada local poderá presentar ata 3 creacións, que terán un prezo común de 2 euros. O prazo de inscrición remata o 26 de outubro e, para apuntarse, os establecementos deben dirixirse á secretaría técnica do concurso.

Un equipo de preselección será o encargado de asegurar a calidade e máis a adecuación aos criterios do concurso das distintas tapas nunha frase previa que procura a excelencia no certame.

Dende o 14 ao 30 de novembro os clientes poderán decidir que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos establecementos participantes e aspirar a distintos premios selando o seu tapasporte, a pequena e carismática "biblia" do concurso.

Ademais, a través da interacción nas redes sociais twitter@santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso.