Golf en Augas Santas

Corenta e oito golfistas da categoría sénior, dos 483 que participaron no IV Circuíto de golf Turismo de Galicia, compiten entre onte e hoxe na fase final deste torneo que se celebrará no campo de golf de Augas Santas, en Ferreira de Pantón,  para optar a un dos oito premios que se outorgan este ano.

Os 48 participantes nesta fase final optarán aos premios primeiro e segundo scratch, primeiro e segundo hándicap, primeiro máster sénior e primeira dama. Ademais haberá premios para a mellor volta do segundo día (scratch) e mellor volta do segundo día (hándicap). Durante a fin de semana tamén se desenvolverá un torneo para acompañantes.

Este torneo ten lugar logo da celebración do I, II e III e circuítos de golf sénior Turismo de Galicia, nos anos 2011, 2012 e 2013, nos que participaron preto de 1.200 golfistas de toda España.


As probas do III Circuíto de golf sénior Turismo de Galicia veñen celebrándose dende o pasado 2 de setembro en campos das comunidades autónomas de Asturias, A Rioxa, Castela e León, País Vasco, Madrid e Navarra.