Galicia promociona o turismo de reunións na TTG Incontri

Turismo de Galicia presenta estes días a oferta turística de Galicia relacionada co turismo de reunións no evento ‘TTG Incontri’ que se celebrará dende mañá e ata o día 11 de outubro na cidade italiana de Rímini.

Durante a súa participación neste Salón Internacional de Turismo, que cada ano presenta as novidades do mercado aos profesionais do sector, Galicia promoverase como destino turístico para a organización de congresos, convencións e viaxes de incentivo ante os operadores turísticos italianos especializados nesta modalidade turística.


Representantes de Turismo de Galicia manterán xuntanzas cos operadores turísticos especializados en turismo de reunións máis importantes de Italia e achegarán información turística da Comunidade galega no punto de información habilitado para Galicia.