Queixo Arzúa-Ulloa, Mel de Galicia, Pataca de Galicia e
Ternera Gallega cumpren un cuarto de século como referentes de calidade e
seguridade alimentaria nos seus respectivos campos. Os catro consellos reguladores
reunirán en Compostela a máis de 250 representantes do sector no acto
institucional que conmemora as súas vodas de prata.
Presidida polo presidente da Xunta de Galicia, a cita
contará tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, a conselleira do
Medio Rural e do Mar, o alcalde de Santiago, entre outras autoridades, a fin de
amosaren o seu apoio e agradecemento a todos os que fixeron posible que estas Denominacións
de calidade acadaran a gran consideración da que gozan hoxe en día.
O acto terá lugar mañá martes, 21 de outubro, ás 19:30
horas, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro, nº1,
Santiago de Compostela).