Los rezos de Ansón a Santa Xunta |
Nava Castro salientou a importancia dos
distintivos soles Repsol, xa que son dos “máis recoñecidos no eido gastronómico entre
os españois e os estranxeiros que nos visitan”, tanto polo público xeral como
polos especialistas en gastronomía, engadiu.
Para a directora de Turismo de Galicia, esta
guía constitúe un elemento fundamental da promoción da gastronomía galega e
considerou imprescindible para a súa difusión o aloxamento no portal turístico
da comunidade galega, que nos oito primeiros meses do ano recibiu máis dun
millón de visitantes únicos.