
Deste xeito, a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia,
ofrece neste circuíto un premio á mellor parella senior de cada unha das probas
celebradas fóra de Galicia consistente nun convite a participar na final que se
celebrará no campo de golf de Mondariz Balneario o día 27 de setembro.
Turismo de Galicia colaborará tamén na final deste evento cun premio á
mellor parella senior de fóra da comunidade galega, de xeito que poderán
realizar unha ruta polos campos de golf de Galicia e gozar da oferta turística
galega ao longo dunha semana.