Turismo de Galicia vende país en Brasil e Xapón

Turismop de Galicia participará entre os días 26 e 28 de setembro na feira JATA Travel  Showcase 2014, que se celebrará na capital do Xapón e na que a comunidade galega contará cun módulo dentro do stand de Turespaña, coordinado pola Oficina de Turismo de España neste país asiático.

Ademais, entre nontronte e o día 28 de setembro, Turismo de Galicia participa na feira da Asociación Brasileira de Axencias de Viaxes (ABAV) que se celebra en Río de Xaneiro e na que a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia tamén conta cun espazo dentro do stand de Turespaña.

Polo que respecta á feira JATA Travel  Showcase 2014, segundo a experiencia de anos anteriores, reafirma a necesidade de continuar reforzando a presenza galega en Xapón, debido ao interese que esperta a Comunidade galega neste país, sobre todo no relacionado co Camiño de Santiago, o turismo cultural, a gastronomía e a natureza.