Stop ao feismo

Logo da aprobación do Plan do litoral, aprobadas as Directrices de ordenación do territorio e a piques de rematarse a nova Lei do solo, o presidente do Goberno galego destacou este mediodía, tras o Consello, a incorporación a esta estrutura dun cuarto piar: a estratexia da paisaxe para os próximos anos. “A Consellería de Medio Ambiente presentou hoxe ao Goberno a folla de ruta que permitirá a Galicia ser a primeira comunidade en contar cunhas Directrices da paisaxe. Unha folla de ruta que hoxe damos por rematada a nivel interno e que, agora, inicia o período de alegacións e consultas co obxectivo de involucrar aos cidadáns a través dos concellos, que son as autoridades urbanísticas máis próximas”, aseverou.