O Consello da Xunta de Galicia autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña que permitirá continuar o paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira, no treito de Seara. Este proxecto teñen un orzamento de máis 420.000 euros.
O treito no que se vai a actuar é de 310 metros e discorre entre o aparcamento próximo á Casa do Mar, ao que bordeará, e o actual paseo marítimo, co que entroncará á altura do edificio de Salitre antes do cruzamento co río da Fraga. O desenvolvemento desta actuación permitirá completar o paseo litoral existente, finalizando así unha infraestrutura moi demandada polos veciños da zona que permite retirar o tráfico peonil e ciclista da estrada Marín- Rande (PO-551).