O Consello da Xunta acaba de aprobar a delimitación oficial do Camiño de Santiago Inglés, unha medida que garantirá unha mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta histórica, recoñecida xa de forma explícita na Lei de protección dos Camiños de Santiago.
Hai documentación histórica abundante sobre peregrinacións marítimas durante o século XII e seguintes desde Escandinavia e as Illas Británicas, que arribaban á costa galega, substantivamente aos enclaves costeiros de Ferrol e A Coruña, para continuar viaxe por terra até Santiago, onde segundo a tradición estaría a tumba do apóstolo.
Esta ruta é a suma de dous itinerarios de peregrinación apoiados sobre dous camiños tradicionais de longa distancia: o camiño real de Santiago a Ferrol e o camiño real de Santiago á Coruña, sendo ambos coincidentes desde a súa confluencia no lugar das Travesas. Concretamente, o trazado discorre polos termos municipais de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela.
Por outra banda, O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza– Cesuras para a mellora do Camiño Real por un importe total de 631.756,79e euros.
Por outra banda, O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza– Cesuras para a mellora do Camiño Real por un importe total de 631.756,79e euros.