MóveT con Ternera Gallega.

Dentro do programa conmemorativo do XXV aniversario, a Indicación Xeográfica Protexida organizou, este pasado sábado, 13 de setembro, en Lugo, a I Carreira PopularMóveT con Ternera Gallega.

En colaboración co departamento de Deportes do Concello de Lugo, a cita convidou á participación de todos os homes e mulleres de todas as idades que puideron ‘movérense’ con Ternera Gallega e optar a numerosos e variados premios.

Como broche final, a IXP ofreceu unha degustación de carne para todos os atletas na que colaboran tamén outras firmas alimentarias galegas como a Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Augas Fontecelta e a cooperativa láctea Feiraco.


Esta iniciativa é unha mostra máis da firme aposta que Ternera Gallega vén facendo polos hábitos de vida saudable a través do deporte, do consumo responsable, do fomento da dieta equilibrada e da cooperación con outros produtos alimentarios que cumpran coas máximas garantías de calidade.