
Por último, os integrantes da Comisión fan un
chamamento ao bo entendemento entre os membros do sector das distintas
comunidades autónomas do Cantábrico Noroeste, instando ao diálogo entre o
sector e as respectivas administracións para –neste caso tamén– manter o clima
de entendemento e colaboración mutua que sempre primou as relacións entre as
distintas flotas e acadar os mellores acordos posibles que permitan unha xusta
distribución das posibilidades de pesca entre as flotas afectadas.