Ansón al acecho, junto a Nava |
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou
esta mañá que se está a elaborar a primeira guía online de restaurantes Soles
Repsol de Galicia 2014 co fin de potenciar a excelencia da gastronomía galega. Esta publicación online estará dispoñible a finais deste mes
e descargarase gratuitamente dende a páxina web de Turismo de Galicia.
Na presentación que contou coa presenza do presidente da
Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón, a directora destacou a gastronomía
como unha das fortalezas e vantaxes competitivas da nosa Comunidade fronte a
outros destinos.