A produción total de leite en Galicia aumentou nos últimos
10 anos en 80 millóns de litros, facendo que a media de produción por
explotación ascendese ata os 210.000 quilos, o que supón un aumento do 213% con
respecto ao mesmo período do ano anterior.
Así o puxo de manifestó a conselleira do Medio Rural e do
Mar, Rosa Quintana, nas xornadas sobre a situación do sector lácteo,
organizadas pola Agraria Comarcal de Ordes, SCG e pola Cooperativa Central de
Frades.
Tamén destacou o incremento, nos últimos seis anos, do 55%
do número de vacas por explotación. Son cifras, dixo, “das que nos sentir orgullosos”
e que “son froito da progresiva profesionalización”. Neste sentido fixo fincapé
na importancia de seguir traballando para que a aterraxe ante o escenario da
desaparición das cotas no 2015 “sexa máis suave do inicialmente previsto” e
para que “as nosas explotacións sexan cada vez máis modernas, eficientes e
competitivas”.