Directores de hotel de Santiago póñenlle as pilas ao concello en materia turística

Mañá, martes 30 de setembro, ás 10 da mañá, o Foro de Directores de Hotel de Santiago mantén unha xuntanza no hotel Tryp Santiago para avanzar na redacción dun documento con propostas concretas que poidan contribuir a reorientar a política turística do Concello, considerando as fortezas e debilidades de Santiago de Compostela como destino turístico e o seu enorme potencial internacionalizador.