
A concelleira de Cultura Carmen Basadre destacou que a elección foi motivada
porque foi un lucense que contribuiu desinteresadamente na promoción nacional e
internacional de Lugo e da Festa de Interese Turistico Galego, Arde Lucus, a
través de diferentes programas de televisión nacionais e coa proxección
nacional e internacional do documental Arde
Lucus, gañador de varios festivais de cines internacionais como na India,
Italia ou os Estados Unidos.
A responsable de Cultura tamén deu a coñecer dous novos
grupos que actuarán durante o San Froilán, por un lado a cantante galega Sés e
o grupo Marful.